西班牙语学习网

  • 高级搜索
  • 收藏本站
  • 网站地图
  • RSS订阅
  • 设为首页
  • TAG标签
  • TAG列表
  • 关键字列表
当前位置: 首页 » 西班牙语视频 » 西语歌曲MTV » 正文

西班牙语歌曲 西班牙语慢歌《夜的回忆》

时间:2014-03-28来源:互联网  进入西班牙语论坛
核心提示:西班牙语歌曲 西班牙语慢歌《夜的回忆》Madrugada, o porto adormeceu, amor,a la abanea sobre as ondaspiso espellos antes de
(单词翻译:双击或拖选)
 西班牙语歌曲 西班牙语慢歌《夜的回忆》




 

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes nunca máis.

顶一下
(6)
100%
踩一下
()
0%

热门TAG:


------分隔线----------------------------
栏目列表
论坛新贴