西班牙语学习网
西班牙语慢歌《夜的回忆》
日期:2021-08-28 21:09  点击:351
 Memoria Da Noite
  Madrugada, o porto adormeceu, amor,
  a lúa abanea sobre as ondas
  piso espellos antes de que saia o sol
  na noite gardei a túa memoria.
  Perderei outra vez a vida
  cando rompa a luz nos cons,
  perderei o día que aprendín a bicar
  palabras dos teus ollos sobre o mar,
  perderei o día que aprendín a bicar
  palabras dos teus ollos sobre o mar.
  Veu o loito antes de vir o rumor,
  levouno a marea baixo a sombra.
  Barcos negros sulcan a ma?á sen voz,
  as redes baleiras, sen gaivotas.
  E dirán, contarán mentiras
  para ofrecerllas ao Patrón:
  quererán pechar cunhas moedas, quizais,
  os teus ollos abertos sobre o mar,
  quererán pechar cunhas moedas, quizais,
  os teus ollos abertos sobre o mar.
  Madrugada, o porto despertou, amor,
  o reloxo do bar quedou varado
  na costeira muda da desolación.
  Non imos esquecer, nin perdoalo.
  Volverei, volverei á vida
  cando rompa a luz nos cons
  porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,non nos afundiremos nunca máis
  que na túa memoria xa non hai volta atrás:
  non nos humillaredes nunca máis.
 

分享到:

顶部
08/21 18:54